A Federación Veciñal pide á Xunta a paralización da concesión privatizadora do novo Hospital.

- Demandan tamén que o SERGAS actúe para evitar a demora nas citas médicas e a non prescrición de receitas.
O anuncio da admisión de dúas ofertas de dúas UTE que concorren á concesión do futuro novo hospital de Vigo, representa unha demostración máis do desprezo do actual goberno da Xunta de Galicia ao conxunto da cidadanía de Vigo que de xeito masivo rexeita o modelo privatizador que promove, como quedou patente nas dúas macromanifestacións celebradas na nosa cidade.
A Federación Veciñal quere expresar con rotundidade o seu completo rexeitamento e absoluta oposición á pretensión da Xunta de Galicia de converter unha infraestrutura sanitaria fundamental como é o novo Hospital nun zumento negocio lucrativo para o capital privado, que ademais multiplicará por sete os custos. Esiximos un Hospital 100% público, tanto na súa dirección e xestión coma no seu financiamento, como único xeito de salvagardar o dereito fundamental a unha asistencia sanitaria pública, gratuíta, universal e de calidade.
A Federación Veciñal urxe ao Alcalde a dotar a Vigo dun Centro de Emerxencia Social.

- ”Independentemente de onde, Vigo ten que dispor dun Centro de Emerxencia Social canto antes. Non se pode agardar máis” lle reclamaron ao rexedor.
Desde ás 11:00h até aproximadamente as 11:50h da mañá de hoxe, unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC mantivo unha xuntanza co Alcalde de Vigo. A reunión foi convocada por parte do Alcalde, e ven de continuar a mantida hai escasamente un mes.
ESTACIÓN DE TRANVÍA DE CANIDO
O primeiro dos temas abordados foi a pretensión por parte da Alcaldía de recuperar para uso público a antiga Estación de Tranvía de Canido, que de conformidade co PXOM en vigor podería ser derribada para unha nova edificación. Nese senso anuncioulle aos representantes da Federación que emprenderá medidas para impedir legalmente esa posibilidade.
Instamos a Xunta e Concello a intensificar a inspección e sanción das verteduras no Río Lagares.

Desde a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo queremos manifestar publicamente a nosa preocupación perante o feito de que practicamente o 80% das verteduras ilegais no Río Lagares denunciadas por parte da Concellería de Medio Ambiente a Augas de Galicia, non provocasen apertura de expediente sancionador por parte da administración autonómica.
É de público coñecemento, e polo tanto unha realidade coñecida polos responsábeis políticos, que no curso do Río Lagares se seguen a perpetrar verteduras ilegais que contaminan as súas augas, cun impacto ambiental evidente sobre dun hábitat que debera ser protexido por parte das administracións públicas.
FAVEC e Rede Social Galicia Sur reclaman un compromiso real co Centro de Emerxencia Social para Vigo

- Ambas entidades valorarán posíbeis mobilizacións unitarias.
Onte, luns 9 de agosto, a partir das 20h celebrouse unha xuntanza entre unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC e representantes da Rede Social Galicia Sur que aglutina a numerosos colectivos sociais e ONGs.
O encontro que se prolongou por espazo de hora e media, nun clima de colaboración, estivo centrado no tema do Centro de Emerxencia Social (popularmente denominado “albergue”). Ambas entidades coinciden na necesidade vital desta dotación para a nosa cidade, ao tempo que lamentan o feito de que o sentir unánime da cidadanía de Vigo que a demanda non estea correspondido co necesario consenso político.
- A FAVEC apoia as reivindicacións de melloras no barrio de San Roque e reitera a urxencia do Albergue
- Declaración da Federación Veciñal de Vigo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia.
- A FAVEC acorda con Urbanismo unha xuntanza cos axentes implicados para solucionar Barreiro.
- A Federación Veciñal trasládalle ao Alcalde máis de cen demandas urxentes do movemento veciñal.
Blogs
En Vigo non imos esperar máis
-
O Servizo Público de Transporte Metropolitano é una prioridade para a veciñanza da Comarca de Vigo
Reclamamos a Concordia entre as Administracións, para non frustrar de novo un proxecto que leva xa oito anos de retraso. Felicitámonos...
-
Plan Veciñal de Mobilidade en datos
Proxecto Veciñal de Mobilidade View more presentations from xosecounhago.
-
Conferencia ?O futuro do tren de proximidades en Galicia?
Data: xoves, 11 de marzo, Hora: ás 19:30 horas, Lugar: auditorio do Multiusos da Xunqueira (Redondela) Celebrarase unha conferencia co título “O...
-
Campaña ?Por unha mobilidade efectiva? aprobada pola asemblea da FAVEC
Este é o compendio de 10 anos de traballo da Federación Eduardo Chao en materiade Mobilidade, a través...
-
O novo Plan de Tráfico debe contar coa participación das forzas vivas da cidade e contemplar a creación do Transporte Metropolitano
A FAVEC recibe con satisfacción a presentación do avance da Folla de Ruta do Plan Integral de Transporte, pero considera...
-
Unha cidade da envergadura de Vigo non pode permitirse ter un servizo de transporte público tan precario
Roser Ibañez:A falla de carrís bici e da cultura da bici, fan que moverse en bici pola cidade sexa realmente...
-
A nova humanización da Porta do Sol no fixo senón empeorar a mobilidade e servizos na zona
Antes Despois Luís: a nova marquesiña da Porta do Sol é ridícula para dar servizo aos centos de pasaxeiros que utilizan esta...
-
O movemento veciñal da área de Vigo reúnese este sábado para afondar no transporte metropolitano
Á cita están convocadas máis de 200 asociacións veciñais da área metropolitana de Vigo: desde o Morrazo ata o Baixo...
-
A solución para dar saída ás prazas de residentes dos novos parkings é a baixada significativa dos prezos das concesións
A FAVEC xa advertiu do disparatado dos prezos das concesións ás que hai que sumar un elevado custo de mantemento. A...
-
As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano
O obxectivo é que no primeiro trimestre de 2010 entre en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo como...
areavigo.org. Cara a Área Metropolitana de Vigo
Punto de encontro veciñal para avanzar na construcción da Área Metropolitana de Vigo
-
CONTRATO DE XESTION NO SERGAS
NOTA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA A PROPÓSITO DO CONTRATO DE GESTION NO SERGAS O pasado...
-
Area Metropolitana de Vigo. Feitos constatados.
O movemento veciñal de Vigo promoveu o 26 xuño de 2008 unha ?Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para...
Transporte Metropolitano de Vigo
-
Os veciños e veciñas da área perderon mais de 12 millóns de euros en axudas ao transporte público por falta de acordo entre a Xunta de Galicia e os Concellos da área.
A área metropolitana de Vigo leva pendente de integrarse no Plan de Transporte Metropolitano de Galicia dende o ano 2005. O...
-
Convocatoria as Asociación Veciñais da Área Metropolitana para crear o Comité de Campaña.
DATA E HORA: SÁBADO, 28 DE NOVEMBRO. 10:00 LUGAR: SALA DE CONFERENCIAS CENTRO CULTURAL CAIXANOVA (Policarpo Sanz 13, Vigo) CONTACTO: 986 223067....
-
As federacións veciñais da área metropolitana de Vigo levarán a cabo unha campaña conxunta para reivindicar a creación urxente do transporte metropolitano
O obxectivo é que no primeiro trimestre de 2010 entre en funcionamento o transporte metropolitano na área de Vigo como...

Sanidade
|







