Novas 
O anuncio da admisión de dúas ofertas de dúas UTE que concorren á concesión do futuro novo hospital de Vigo, representa unha demostración máis do desprezo do actual goberno da Xunta de Galicia ao conxunto da cidadanía de Vigo que de xeito masivo rexeita o modelo privatizador que promove, como quedou patente nas dúas macromanifestacións celebradas na nosa cidade.
A Federación Veciñal quere expresar con rotundidade o seu completo rexeitamento e absoluta oposición á pretensión da Xunta de Galicia de converter unha infraestrutura sanitaria fundamental como é o novo Hospital nun zumento negocio lucrativo para o capital privado, que ademais multiplicará por sete os custos. Esiximos un Hospital 100% público, tanto na súa dirección e xestión coma no seu financiamento, como único xeito de salvagardar o dereito fundamental a unha asistencia sanitaria pública, gratuíta, universal e de calidade.

Desde ás 11:00h até aproximadamente as 11:50h da mañá de hoxe, unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC mantivo unha xuntanza co Alcalde de Vigo. A reunión foi convocada por parte do Alcalde, e ven de continuar a mantida hai escasamente un mes.
ESTACIÓN DE TRANVÍA DE CANIDO
O primeiro dos temas abordados foi a pretensión por parte da Alcaldía de recuperar para uso público a antiga Estación de Tranvía de Canido, que de conformidade co PXOM en vigor podería ser derribada para unha nova edificación. Nese senso anuncioulle aos representantes da Federación que emprenderá medidas para impedir legalmente esa posibilidade.

Desde a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo queremos manifestar publicamente a nosa preocupación perante o feito de que practicamente o 80% das verteduras ilegais no Río Lagares denunciadas por parte da Concellería de Medio Ambiente a Augas de Galicia, non provocasen apertura de expediente sancionador por parte da administración autonómica.
É de público coñecemento, e polo tanto unha realidade coñecida polos responsábeis políticos, que no curso do Río Lagares se seguen a perpetrar verteduras ilegais que contaminan as súas augas, cun impacto ambiental evidente sobre dun hábitat que debera ser protexido por parte das administracións públicas.

Onte, luns 9 de agosto, a partir das 20h celebrouse unha xuntanza entre unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC e representantes da Rede Social Galicia Sur que aglutina a numerosos colectivos sociais e ONGs.
O encontro que se prolongou por espazo de hora e media, nun clima de colaboración, estivo centrado no tema do Centro de Emerxencia Social (popularmente denominado “albergue”). Ambas entidades coinciden na necesidade vital desta dotación para a nosa cidade, ao tempo que lamentan o feito de que o sentir unánime da cidadanía de Vigo que a demanda non estea correspondido co necesario consenso político.

O pasado mércores 28 de xullo, unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC, integrada por a súa Presidenta, María Pérez, o seu Secretario, Xabier P. Igrexas, o seu tesoureiro, Carlos Formigo e máis o vogal de Urbanismo e Infraestruturas, Valentín Bernárdez, visitou xunto a representantes da Asociación de Veciños de San Roque a contorna do Barrio de Ribadavia.
Das conclusións tiradas da visita realizada, deuse conta na reunión da Comisión Permanente celebrada no día de onte, na que se decidiu trasladar publicamente o seguinte:

Máis unha vez, na altura do 25 de xullo celebramos o Día Nacional de Galicia. Unha data senlleira, que se remonta ao 1919 coa reivindicación das Irmandades da Fala, e que foi formalmente proclamada en 1979 como festa oficial do noso país pola Xunta de Galicia, e que lonxe de ser un mero ritual fica chea de contido.
Desde o movemento veciñal queremos compartir o orgullo de sermos galegas e galegos, que sabemos latexa no corazón do noso pobo. Coidamos que esta data é unha oportunidade excepcional de amosarlle ao mundo, a nosa identidade propia, que alicerzada na nosa cultura e especialmente na nosa lingua, nos configura como un pobo con fondo arraigo histórico.

Unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC, acompañada por unha das propietarias das vivendas de Barreiro, mantivo unha reunión co Concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Jose Manuel Mariño, na que se abordou a problemática da falla de suministro eléctrico que afecta a cen familias das vivendas promovidas pola Federación Veciñal.
No encontro, que tivo lugar a partir das 11:00, e por espazo dunha hora, nas dependencias da Xerencia de Urbanismo, acordouse a celebración á maior brevidade dunha reunión na que participen todos os axentes implicados (Concello, Promotora, Fenosa, entre outros). A esa xuntanza levaranse todas as opcións posíbeis, no marco da legalidade, para procurar unha solución de conxunto.

A práctica totalidade da Comisión Permanente da Federación Veciñal (agás unha ausencia por motivos persoais), mantivo unha xuntanza co Alcalde de Vigo, Abel Caballero, a partir das 12:30h., nas dependencias da Alcaldía.
Ao longo da hora que durou a reunión, na que tamén participou o Concelleiro de Participación Cidadá, Hector Santos, a nova dirección da FAVEC tratou co Alcalde os principais asuntos da cidade.

Unha delegación da Comisión Permanente da Federación Veciñal, integrada polos tres administradores-mancomunados da Promotora Eduardo Chao SLU (María Pérez, como Presidenta; Xabier P. Igrexas, como Secretario; e Valentín Bernárdez, como Vogal de Urbanismo da FAVEC) e máis os vogais Eduardo Fernández e Fran Piñeiro, mantiveron unha asemblea coas e cos propietarios das cen vivendas construídas pola promotora da federación en Barreiro (Lavadores).
Desde que se iniciou o proxecto das vivendas de Barreiro, esta foi a primeira vez na que a dirección da FAVEC se reuniu directamente coas propietarias e propietarios, que viñan demandando esta xuntanza desde había meses á anterior Comisión Permanente.

Desde as 20:30h até as 22:40h do venres 16 de xullo, desenvolveuse a Asemblea Xeral Extraordinaria da FAVEC, coa participación de 23 asociacións, na que se abordou diferentes asuntos. A asemblea desenvolveuse con normalidade, nun clima distendido e de compañeirismo, sen rexistrarse ningún incidente, o que amosa a unidade de acción do movemento veciñal.
No relativo á situación económica da FAVEC deuse conta da falta de liquidez da Federación, que nesta altura non ten garantida capacidade económica suficiente para facer fronte aos gastos previstos para o mes de xullo. Así mesmo informouse das diferentes xuntanzas mantidas coas administracións públicas e da situación da Promotora Eduardo Chao SLU.