A Federación
Servizos
Proxecto Social "Vive e Convive" | índice de artigos |
|---|
| Xustificación |
| Descrición |
| Xestión |
| Obxectivos |
| Resultados |
| Indicadores |
| Destinatarios/as |
| Cronograma |
| Localización |
| Recursos |
| Organización |
Calcúlase que en España as persoas maiores constitúen case o 18% da poboación. Unha cifra que, segundo datos do Imserso, alcanzará o 25% no ano 2010 e que pon de manifesto a necesidade de mellorar os servizos de atención xeriátrica e aumentar o número de prazas en residencias e centros de día. Pero a demanda segue a ser superior á oferta e o mercado inmobiliario esfórzase por idear novas fórmulas de acollida que palien estas dificultades. É así como a principios dos anos oitenta xurden os pisos tutelados, vivendas nas que poder instalarse de xeito fixo ou temporal, destinados a peroas maiores de 65 anos e cun alto grao de autonomía e con recursos limitados para poder acceder ao mercado privado creado en torno a esta necesidade, e dando, á súa vez, unha alternativa a aquelas persoas que non queren ou non poden ingresar no réxime das residencias asistenciais.
Asemade, é preciso ter en conta non só o número cada vez maior de poboación superior aos 65 anos, tamén é maior o seu grao de autonomía e que xa son xeracións provintes da sociedade do binestar, que buscan moito máis que un lugar onde pasar o tempo. Son persoas que buscan un lugar onde a súa calidade de vida se vexa reforzada.
Os expertos aseguran que unha de cada cinco prazas de residencia está ocupada na actualidade por maiores capaces de valerse por si mesmos, en prexuízo daqueles que requiren unha maiore atención sanitaria que non poden costear, polo que se agrava aínda máis o problema de dispoñibildiade de prazas. O obxecto deste tipo de vivendas consiste en aloxar a persoas con dificultades económicas, familiares ou sociales en pisos de titularidade da Federación Veciñal de Vigo “Eduardo Chao”, nos que terán que aboar unha parte dos gastos en concepto de servizos recibidos, cantidade que dependerá das súas circunstancias particulares.
Seguindo co establecido no Plan de Desenvolvemento Organizativo 2004-07 desta entidade veciñal, este ano perfílase como o ano no que o traballo de consolidación interna empeza a repercutir nos servizos externos, servizos que inciden directamente na veciñanza.
Nesta externalización de servizos é onde encaixa este proxecto social dirixido á poboación maior de 65 anos, un proxecto que non persegue outro fin que o de garantir a estas persoas unha maior calidade de vida, permitindo o seu desenvolvemento integral como persoas, e o que é máis importante garantindo un entorno normalizado nun barrio de nova creación como será o PAU de Navia, onde gozarán de todos os servizos e comodidades dunha urbanización moderna.
Asemade, a FAVEC conta cunha diversa oferta de actividades que cada día aumenta en número e en calidade, actividades nas que poderían participar activamente promovendo o compromiso social, por unha banda, e retrasando os procesos involutivos propios da idade pola outra banda.