AA.VV. Federadas
Listado
Alcabre - Nosa Terra Rúa Roade nº6, baixo
36208 Vigo
Teléfono
986 24 18 71
Fax
986 24 18 71
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Mercedes González
A andaina da asociación comeza no 26 de outubro de 1979 coa formación dunha xunta xestora que representaría diante do Goberno Civil a esta emerxente asociación para a redacción dos Estatutos. Escóllese por maioría o nome de “Nosa Terra”. Ese mesmo mes conséguese que D. Carlos Gómez ceda as antigas Escolas Públicas para uso da asociación.
É no 27 de xuño de 1980 cando se xuntan 53 veciños e veciñas de Alcabre no local da asociación (situado por aquel entón na rúa Carregal 30) e tras diferentes notificacións por prensa, radio e persoalmente cando se aproban os Estatutos e se elixe a Xunta Directiva.
A asociación nace para velar polos intereses da parroquia e da súa veciñanza como son impedir os vertidos nas praias, reclamar alumeado, sumidoiros e garantir que se cubran as necesidades básicas.
Actualmente a A.V. “A Nosa Terra” de Alcabre continúa na mesma liña de traballo para mellorar as infraestruturas e garantir as necesidades básicas da veciñanza e mantemento da parroquia.
A asociación soubo crecer coa súa parroquia e non só centra a súa actividade na área de infraestruturas, senón que se incorporan á súa actividade habitual cursos, charlas, asesoramento sobre diversos temas, festas (como a de San Xoán), para que toda a veciñanza participe, independentemente das súas ideoloxías relixiosas, políticas, etc., todos deben deixalas na porta antes de entrar xa que a asociación convértese nun foro para aprender, pasalo ben e, sobre todo, participar.
Asembleas. Na asociación tanto directiva como os colaboradores traballan por e para a parroquia desinteresadamente. A directiva reúnese unha vez á semana para tratar a realidade e temas da asociación; a estas reunións pode asistir calquera socio, que tamén están chamados a participar na asemblea de socios que se reúne unha vez ao mes e que representa o órgano de goberno da asociación.
Se te achegas pola asociación poderás participar en cursos e en multitude de actividades nas que terás a oportunidade de coñecer a moitísima xente ademais de estar ao tanto das decisións que afectan á nosa parroquia e tamén a ti.
A información sobre a actividade continuada da asociación facémola chegar a través de buzoneo e carteis informativos que podes atopar na asociación e distribuídos por diversos puntos de Alcabre. Non dubides en informarte da oferta e vantaxes que na asociación temos para ti. Fainos xa unha visita polo local ou chámanos, estaremos encantados de falar contigo e coñecernos.