AA.VV. Federadas
Listado
Casco Vello Rúa Oliva nº12 baixo
36202 Vigo
Teléfono
986 43 97 99
Fax
986 43 97 99
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Henrique Macías Cambra
Nos anos 70 nace esta Asociación da inquedanza duns veciñ@s que ven como este, o seu barrio, cae nunha decadencia total (ruídos, drogas, marxinalidade..) e desidia por parte dos gobernantes que rexen a cidade neses tempos e continúa aínda hoxe en día.
Un dos obxectivos principais foi e segue a ser a revalorización social do barrio, ademais de reivindicar un bo alumeado, rúas limpas de lixo e cheiros desagradables, que os ruídos non excedan os decibelios permitidos, loitar porque o barrio non sexa un punto de venda de drogas, que as casas non veñan abaixo co perigo que isto leva consigo, e un longo etc.
Dende a A.V. do Casco Vello traballamos por unha mellor calidade de vida, por iso:
O obxectivo final é conseguir que o barrio sexa un espazo libre de problemáticas, onde a convivencia entre a veciñanza e as xentes que a el se achegan sexa cívica e agradable.
É por isto que xa dende os comezos a asociación traballa en programas de saúde: en colaboración co Centro de Saúde do barrio e co programa de prevención do grupo de Auto apoio VIH-Sida e adiccións O Imán, na intervención social e urbanística do programa Europeo Urban, proxectos de educación, escola de pais e nais, alfabetización de adultos, clases de recuperación para escolares. Temos desenvolvido distintas actividades no eido da educación en estreita colaboración co C.P. Ramón e Cajal (Picacho) e programas de divulgación mediante conferencias, coloquios a cargo de especialistas en distintas materias (medio ambientais, sanitarias…).
Na actualidade centramos os nosos esforzos na mediación, asesoramento, reivindicación, negociación e prestación de servizo nos problemas relacionados co barrio e a súa veciñanza, planos de actuacións entre os distintos colectivos que operan na zona, maior seguridade, limpeza, alumeado, PEPRI…
Aínda que o ámbito de actuación da asociación sexa plenamente urbano, desenvolvemos unha intensa actividade cultural dedicada á recuperación e conservación das nosas tradicións e festas: Festa dos Maios, Noite Meiga (San Xoán), Entroido: recuperando a figura tradicional do Merdeiro e contando coa comparsa decana de Vigo “Os Tarteiras”, ademais de organizar e facer da conmemoración da Reconquista da Vila de Vigo unha festa de referencia para toda a cidade.
A maiores traballamos noutras festas e eventos de menor calado pero tamén coa súa importancia: recuperación dos cantares e danzas de reis, Certame de música mariñeira, Certame de poesía no Día das Letras Galegas…
Se cres que paga a pena traballar por mellorar a túa calidade de vida e o teu barrio, pasalo ben, aprender, participar e manter vivas as festas e tradicións que nos unen, debes saber que non hai outra forma de acadalo que traballando todos e todas xuntos e xuntas de forma organizada, por iso somos xa moitos e moitas as persoas que participamos na A.V. do Casco Vello, porque sen ti nin o teu barrio nin a túa asociación somos nada…
ACHÉGATE !! COÑÉCENOS !! PARTICIPA !! COLABORA...CONNOSCO !!
A asociación somos tod@s