AA.VV. Federadas
Listado
Valadares Estrada Xeral de Valadares, 233
36315 Vigo
Teléfono
986 46 70 53
Fax
986 46 70 52
Email
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
-
Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Presidente
Gregorio Álvarez Pereira
O Centro Veciñal e Cultural de Valadares constituíuse no ano 1971. Naceu como "Teleclub", promovido por un grupo de veciños encabezados por D. Ignacio Costas, que utilizaba como sede o local da antiga "Irmandade de Labradores" que a día de hoxe se mantén como sede da entidade.
Ao principio foi o “Teleclub de Valladares”, logo “Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valladares” para, finalmente fusionarse, en 1989, coa Asociación de Veciños "Xunta Parroquial". pasando entón a chamarse polo nome actual de “Centro Veciñal e Cultural de Valadares”.
O principal obxectivo desta entidade é o de desenvolver todo tipo de actividades socioculturais e de ocio que repercutan na mellora da calidade de vida da veciñanza da Parroquia de Valadares en particular e da comarca de Vigo en xeral.
Á parte dos cursos, talleres e outras actividades periódicas, o Centro conta cunha serie de agrupacións e clubs nas que se poden integrar as persoas interesadas en aprender, mellorar e coñecer a novas xentes; así temos grupo de teatro, coral, grupo de gaitas, baile, percusión, cantareiras, grupos folk , unha escola de música, aeróbic, danza moderna e bailes de salón. Non só dispoñemos de agrupacións artísticas e culturais, senón que as escolas deportivas tamén son un referente na parroquia e na cidade e que van dende a escola de patinaxe artística sobre rodas ata a escola de fútbol e de fútbol sala, cos seus respectivos equipos.
Valadares é unha parroquia viva que goza dunha ampla tradición e sentido da identidade por iso dende a asociación organizamos festas e eventos ao longo do ano que reúnan ás súas xentes e manteñan viva a memoria colectiva. Festas e eventos tales como o San Xoán, o Entroido, a Festa do Maior, Seráns populares, a Festa de Fin de Ano e a do Socio.
Outra área fundamental é a veciñal que é a encargada de facilitar información e articular canles para a reivindicación e a mediación con todas as administracións, entidades e empresas que se atopan no ámbito de funcionamento do Centro.
A base de todo o que se fai en Valadares reside na súa veciñanza. É mester a participación das xentes para que o Centro continúe coa súa incesante actividade, creza e mellore, o que sen dúbida fará que a parroquia mellore e que goces dunha maior calidade de vida e moitos máis servizos.
Asociarte e participar en Valadares ten unha chea de vantaxes. Entrando na asociación terás dereito a voto e a participar na súa vida interna. Os asociados aboan un custo máis reducido nas actividades de pago. Poderás asistir de balde aos bailes de Entroido e fin de ano e a entrar no sorteo de canastriña de Nadal ademais de solicitar asesoramento gratuíto sobre procedementos administrativos, trámites burocráticos e todos aqueles asuntos para os que precises información e axuda.