A Federación
Áreas de Traballo
Infraestruturas
Medio Ambiente
Club da Natureza
A creación dun club da natureza para os máis novos quizáis sexa o proxecto máis ambicioso desta vogalía, un club que contará coa participación e o inmenso saber dos nosos maiores, dos que tanto se pode aprender.
Por medio de múltiples actividades que permitirán un contacto directo coa natureza como excursións, rutas de sendeirismo e outras variadas tales como experimentos e exposicións, buscaremos crear unha conciencia colectiva máis respetuosa co medio ambiente e co resto das persoas, comezando sempre porque os cativos se respeten a si mesmos.
Durante o mes de agosto de 2007 este club levou a cabo unha das súas primeiras propostas para achegar a natureza e a educación ambiental aos máis cativos, de forma lúdica e respectuosa co medio no I Campamento Urbano Veciñal de Eduación Ambiental. Organizáronse unha chea de actividades e incluso creouse un blog do Club da Natureza Raíces para compartir experiencias, deixar constancia dos coñecementos adquiridos e achegar recursos medioambientais, entra xa a formar parte da nosa comunidade participando no blog!!