A Federación
Áreas de Traballo
Promoción
Axudas e Subvencións Este servizo da cobertura especializada en materia de xestión de organizacións sen ánimo de lucro; desde a súa constitución ata convocar unha asemblea xeral ordinaria ou extraordinaria.
Asemade informa sobre as diferentes subvencións e axudas tanto públicas como privadas, asesora ás directivas veciñais tan sobre os requisitos e trámites para acceder a elas como á hora de enfocar e desenvolver un proxecto (análise da realidade, deseño do proxecto, execución, avaliación...).
Trátase dun servizo versátil e personalizado co que as asociacións poden medrar e achegar novos recursos, un servizo que pretende acadar solucións adaptadas ás necesidade reais de cada entidade.
Calquera dúbida na elaboración das subvencións ou axudas poñédevos por en contacto con Carmen Gallego, no teléfono da FAVEC en horario de mañá (986.223.067)
1.Título: Plan Cultural
Tema: Fomento da cultura popular
Publicación: BOP 19 de xaneiro de 2010
Data límite: 15 de febreiro de 2010
Entidade: Deputación Provincial de Pontevedra
Enlace web: http://www.bop.depontevedra.es/html/ga/archivo.html
2. Título: Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2010 (ED104B)
Tema: Colectivos, entidades e asociacións que pretendan organizar cursos dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, entre os meses de abril e novembro de 2010
Publicación: DOG 11 de xaneiro de 2010
Data límite: 27 de febreiro de 2010
Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Enlace web : www.xunta.es/linguagalega (descarga do formulario que permite cubrir e editar a solicitude)