Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Bancos do Tempo

Presentación

Image

Os Bancos do Tempo son espazos concebidos para impulsar e favorecer os intercambios de tempos, traballos e servizos entre as persoas, apoiando a cooperación informal entre particulares nun determinado contorno urbano ou rural.

A súa posta en marcha foi levada a cabo pola Federación Veciñal de Vigo "Eduardo Chao" no mes de Xullo dopasado ano 2007, entendendo os “bancos do tempo” como unha medida que pretende favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal dos homes e das mulleres.

Os Bancos do Tempo (BdT) baséanse no intercambio de servizos sendo a unidade de cambio o tempo, neste sistema desaparecen os cartos, nada ten un valor engadido, o único valor é o tempo empregado e todos os servizos se valoran por igual. Descarga xa o dossier con completa información.

Pica no seguinte enlace para acceder ás nosas Páx. web: www.blogoteca.com/o_banco_do_tempo_vigo ou ben www.bdtvigo.es


Como participar


Entrar a formar parte dos Bancos do Tempo é moi sinxelo, tan só tes que achegarte a:

Cando un novo cliente chega a unha secretaría do BdT se lle fai unha entrevista na que tomamos o primeiro contacto, se lle explica en que consiste o proxecto e se lle pregunta por que quere abrir unha conta neste banco e dúas son as preguntas esenciais, por unha banda ¿que queres dar? e, por outra banda ¿que queres recibir? Estas dúas cuestións son básicas e as dúas teñen que ter unha resposta concreta.

No BdT hai que dar e recibir, non se pode vir só a dar, hai que querer recibir algo dos demais. Con esta lista de ofertas e demandas estamos a confeccionar un catálogo para que todos os clientes deste banco coñezan os servizos dispoñibles e así pór en contacto ás persoas interesadas, deste xeito poderemos cumprir o obxectivo do intercambio de servizos pero tamén o obxectivo da convivencia.

Os servizos que se prestan e se reciben se pactan entre as partes interesadas, o BdT só pon en contacto á xente, pero as características do servizo se definen individualmente. Pero o BdT resérvase o dereito de admisión en caso de que alguén no cumpra as normas básicas de convivencia, respecto e compromiso.

Pero un non se fai cliente do BdT ata a segunda entrevista. A segunda entrevista faise logo dunha semana para que a xente teña tempo de asegurarse de si realmente quere darse de alta. Unha vez dado de alta se lle entrega un talonario para “pagar” o TEMPO recibido. As horas se suman cando se prestan servizos, e se restan cando se reciben.

O obxectivo é que a conta teña un equilibrio entre o recibido e o entregado, non se poden ter moitas horas acumuladas (sinal de que se dá moito pero se recibe pouco) nin ter saldo en negativo (sinal de que se recibe moito e se dá pouco). A persoa que está ao fronte do BdT pode chamar ao cliente que teña desequilibrio no saldo bancario e instarlle a equilibralo, dando ou recibindo en función da necesidade.

Desde as secretarías do BdT organizaranse actividades para que os clientes do banco se coñezan, para que compartan as súas inquedanzas e o BdT sexa un referente de participación cidadá.