A Federación
Áreas de Traballo
Infraestruturas
Vogalía S.A.L
A Vogalía S.A.L. (Saneamento Abastecemento e Limpeza) é a encargada de velar polo cumprimento e correcto funcionamento destes servizos, prestados polo Concello e empresas concesionarias, en favor da veciñanza.
Os servizos de Saneamento, Abastecemento e Limpeza resultan servizos básicos aos que toda a cidadanía temos dereito e polos que estamos a pagar. Non obstante, non sempre estamos a recibir un servizo de calidade e acorde coas nosas expectativas como consumidores.
A proliferación de empresas concesionarias, que moitas veces non cumpren cos contratos de concesión e un laxo control por parte da administración local, fan que sexan constantes os abusos ao común da veciñanza por iso esta vogalía centra os seus esforzos en denunciar, tanto públicamente como perante as administracións aqueles incumprimentos así como tamén aglutina ao conxunto da veciñanza para traballar en propostas e solucións comúns ás problemáticas dentro desta área.