A Federación
Áreas de Traballo
Infraestruturas
Transporte
O servicio público de transporte, na actualidade non alcanza a dar solución ás nececesidades da cidadanía de Vigo, á súa área Metropolitana nin á comarca. É por isto que unha maioría, precisa facer uso cotiá do seu vehículo particular.
Así, provócanse o colapso das rúas, aparcamentos en doble fila, e ocasionánse graves problemas de contaminación acústica e atmosférica. Tamén as empresas de transporte público míranse presas daquelas trabas, que encarecen os eus costes, dificultan os seus servicios, e limitan a utilidade para os cidadáns.
A vogalía de transporte pretende ser un nexo de unión entre a cidadanía, empresas e administración, un foro de debate, de ideas e aportacións para desnelar esta carioca e achegar solucións que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza e potenciar a mobilidade sostible. Por isto a vogalía traballa nos tres niveis en que se desenvolve o transporte da cidade: urbán, metropolitano e interurbano.