A vida sobreviviranos pero... ¿seremos capaces de non destruír a nosa?Defender o medio ambiente é defender un novo concepto de calidade de vida; crer que é posible un mundo de liberdade e respecto, onde o social está intimamente relacionado co natural. Un mundo cun presente que non hipoteque o noso futuro (nesta premisa basease o principio da sustentabilidade).
As utopías son o comezo das mellores realidades e para iso ten nacido esta vogalía, para crecer contigo cara ese mundo máis habitable.
Obxectivos
- Sensibilizar e modificar actitudes, promovendo novos coñecementos e criterios para a participación activa na solución dos problemas ambientais.
- Consolidación das Vogalías de Medio Ambiente en cada asociación membro da federación.
- Solución a problemática dos ruídos en xeral.
- Elaboración na cidade de Vigo, dun plan de Recollida Selectiva, que xire o redor das tres "R", Redución, Reutilización, Reciclaxe.
- Loitar pola construción de puntos limpos na cidade.
- Denunciar as agresións ao medio ambiente que se produzan no noso concello.
- Traballar transversalmente co resto de vogalías e áreas de traballo do movemento veciñal xa que as actitudes respectuosas co medio ambiente teñen que estar presentes en todos os proxectos.
Actuacións
- Reunións periódicas da Vocalía de Medio Ambiente, constituidas por representante das entidades veciñais
- Colaboración coa plataforma pola defensa da Ría de Vigo "Cíes" como membros da entidade.
- Ecoauditoría
- Clube da Natureza
- Ruídos
- Puntos Limpos
Actividades puntuais:
- Participación na manifestación contra os recheos na ría, celebrada en Redondela, o sábado 29 de Setembro.
- Presentáronse alegacións contra o proxecto de instalación de "Petrovigo", que ocuparía 15.000 metros cuadrados, e a instalación de dous depósitos de combustible en Bouzas.
- Solicitude da convocatoria da Comisión de ruídos do Concello de Vigo, e o peche das festas ilegais na celebración de aninovo.
- Colaboración coa organización ecoloxista ERVA, na organización dunha charla sobre a situación dos humedais en Galiza, os locais da federación. Coincidindo co Día Mundial dos humedais
- Proposta de modificación da ordenanza municipal que regula a instalación das antenas de telefonía móbil.
- Control e seguimento das actuacións portuarias.