Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

interbarrios

O programa cultural: Interbarrios “cultura en movemento” financiado pola Deputación de Pontevedra, consiste na posta en marcha dun circuíto cultural que percorrerá as distintas asociacións veciñais da cidade con actuacións e espectáculos das máis variadas modalidades.

Este circuíto está integrado polas agrupacións artísticas e deportivas que a diario se forman nas asociacións veciñais, que terán oportunidade de achegar o seu traballo a toda a cidadanía e coñecer a actividade doutras asociacións.

Image
grupo de cordas clásicas A.V.CU.-C.S.C.R de Beade

Image
Grupo tradicional “Nautilius”

O movemento veciñal de Vigo convida a toda a cidadanía a achegarse ás asociacións veciñais a gozar da cultura e participar dos numerosos espectáculos programados. A entrada é completamente de valde.

Programa

Sábado 24 de outubro

Lugar: U.V.C.D. de Candeán (rúa Devesa 25), 19.00 horas

participarán as agrupacións:

Coral “Alborada” da A.V. Cabral
Exhibición de bailes de salón “Al Compás” da A.V. Cabral
Grupo de danza moderna da U.V.C.D. de Candeán
Grupo de metal “Canmetal” da U.V.C.D. de Candeán
Grupo de guitarra da A.V. “A Miñoca”
Grupo de Tai-Chi da A.V. “A Miñoca”

Blog interbarrios

Toda a información, fotografías e comentarios á túa disposición no blog de interbarrios

Image