A Federación
Áreas de Traballo
Servizos Sociais
Sanidade e Consumo
Reclamación cortes electricidade Logo dos continuos cortes de subministro eléctrico que estamos a sufrir nos nosos fogares, facilitamos o modelo de reclamación para que a cidadanía afectada poda exixir que fenosa reintegre os cartos correspondentes ao tempo en que se interrumpiu o servizo e nos indemnice polos danos e prexuízos patrimoniais ocasionados nos bens, productos ou actividades.
Orixinais e copia da reclamación e de todos os documentos que se adxunten deben presentarse nas oficinas de Unión Fenosa, na Travesía de Vigo, no 1º andar. Alí deben selarnos orixinal e copia, quedando a persoa afectada con copia de todo o presentado.
Os modelos de reclamación poden obterse na Federación Veciñal "Eduardo Chao" na Pz. da Princesa nº7, 2º ou en calquera das asociacións veciñais federadas da cidade, así como descargarse nesta web:
Calquera dúbida ao respecto quedamos á vosa disposición na Federación Veciñal "Eduardo Chao" na Pz. da Princesa nº7, 2º, tfno. 986 223067 e no e-mail: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver .