Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Infraestructuras arrow A FAVEC aplaude as boas intencións sobre a área metropolitana

A FAVEC aplaude as boas intencións sobre a área metropolitana

Debe materializarse agora nunha lei que lle otorgue competencias. Para que a área sexa operativa debe ter atribucións e competencias propias sobre a planificación e xestións de servizos comúns como pode ser o transporte metropolitano

A Federación Veciñal agradece os esforzos que as diferentes administracións están a facer para sentar as bases da futura área metropolitana. Agardamos que os bos propósitos amosados nas recentes reunións non só queden en boas intencións e canto antes se materialicen en acordos firmes. É imprescindible que se aprobe a lei que lle dea base e otorgue as competencias necesarias para que sexa operativa xa que a área metropolitana debe funcionar como motor de desenvolvemento social e económico e para iso debe ter competencias e atribucións propias como poden ser a xestións dos servizos e transporte.

É precisamente a creación dun transporte metropolitano integrado, económico, rápido e de calidade que permita a mobilidade en toda a área, unha das demandas máis acuciantes segundo as primeiras conclusións das xornadas sobre mobilidade que onte e hoxe se levan a cabo no Centro Cultural Caixanova.

Xornadas mobilidade
Continúa o foro de debate público sobre o transporte e a mobilidade en Vigo e área metropolitana. Logo das intervencións dos reprensentantes da administración, o encontro de hoxe cederá a palabra aos axentes sociais: sindicatos, ecoloxistas e asociacións veciñais como antesala do debate sobre as problemáticas, modelos e propostas para o transporte en Vigo e área metropolitana.

Programa
Xoves, 12 de novembro, 20 horas no Centro Cultural Caixanova

MOBILIDADE E TRABALLO. D. Carlos Martínez Lamosa.  Responsable do sector  do transporte da CIG na comarca de Vigo
MOBILIDADE E MEDIO AMBIENTE. Dª.  Luci Soliño. ADEGA Vigo
MOBILIDADE E VECIÑANZA. D. Luis Martínez Portela. Vogal de Transporte e Mobilidade da Federación Veciñal “Eduardo Chao”
Modera: Antón Sánchez Fernández