Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Infraestructuras arrow Contorna do meixoeiro e mercado de cabral están a funcionar como aparcadoiros disuasorios

Contorna do meixoeiro e mercado de cabral están a funcionar como aparcadoiros disuasorios

As A.V. da segunda coroa poñen de manifesto. Esta situación está a colapsar o tráfico nestas zonas. Os novos usos non contemplados nas infraestruturas existentes están a dificultar o acceso aos servizos hospitalarios e comerciais

Dentro da campaña “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” que está a levar a cabo o movemento veciñal de Vigo, esta semana tivo lugar a terceira charla-coloquio na que participaron conxuntamente directivos da FAVEC e Asociacións Veciñais que conforman a segunda coroa interurbana: Cabral, Parada - Maceiriña, Candeán e Beade. Trátase dunha zona de transición entre o ámbito periurbano de Vigo e a súa área metropolitana.


Conclusións
A principal conclusión do grupo de traballo é que existen nestas parroquias zonas están sendo empregadas como aparcadoiros disuasorios de tal xeito que persoas que viven no periurbán e área metropolitana e se dirixen á cidade de Vigo deixan os seus vehículos particulares nas zonas onde poden aparcar de xeito gratuíto para logo baixar ao centro ou áreas industriais compartindo vehículo ou en transporte público. Está situación resulta especialmente grave no centro comercial meixoeiro, contorna do hospital meixoeiro ou mercado de cabral, e o resultado é que estanse a colapsar estas zonas e a cidadanía que ten necesidade de acudir para gozar dos servizos que nestes puntos se presta xa non ten facilidades para acceder ou estacionar.

Esta realidade pon de manifesto a acuciante necesidade de acometer canto antes a rede de aparcadoiros disuasorios nas aforas da cidade. Un servizo que permitar á cidadanía dos barrios periféricos e área metropolitana estacionar os seus vehículos todo o día de xeito económico e logo dispoñer dun servizo áxil de transporte público para desprazarse cara ao centro e área industriais. Unhas infraestruturas xa recollidas no Plan Xeral.


A vindeira semana comeza o cuatro grupo de traballo no que participarán as asociacións de Zamáns, Valadares, Freixo, Matama, Coruxo, Oia, Saiáns.  Toda a información sobre a campaña de transporte “Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis” está dispoñible nun blog aberto á participación da cidadanía: http://favec.es/envigononimosesperarmais/ .