Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow A FAVEC percibe como en Vigo se abandonaron os servizos policiais de proximidade

A FAVEC percibe como en Vigo se abandonaron os servizos policiais de proximidade

Achegar a seguridade aos barrios e parroquias da cidade por medio dunha policía cercana á cidadanía resulta cada vez mais necesario nunha coxuntura de crise. Esta iniciativa é unha demanda histórica do movemento vecinal que busca a prevención antes que a sanción.

A Federación Veciñal quere amosar a súa preocupación polo incremento dos roubos, “trapicheo” de droga nos entornos escolares e vandalismo que se está a vivir en Vigo, e que dende os barrios se percibe dun xeito crecente dende que se iniciou a crise.

A FAVEC leva anos reclamando a reimplantación da policía de proximidade, esa policía cercana que mais que denunciar é preventiva, unha policía que coñece de cerca o barrio ou distrito e que colabora con este barrio a través das asociacións de veciños e outras entidades a facer barrios mais seguros e, polo tanto, barrios incluso mais dinámicos. Ademais desta proximidade, xerase unha dinámica de coordinación cos servizos sociais do barrio, que fai que as administracións poidan atender mellor as necesidades das persoas en situación de risco social.

Dende a FAVEC quérese pedir explicacións públicas de por qué en grandes cidades como Oviedo, Barcelona ou Castellón, entre outras, sí está implantada a policia de proximidade.

Colaboración

O movemento veciñal quere amosar a súa predisposición a colaborar cos servizos de proximidade en todo canto estea da nosa man, xa que son as asociacións veciñais implantadas en cada zona as mellores testemuñas do que sucede e das problemáticas dos barrios e parroquias. Estamos seguros de que con esta colaboración a cidadanía gañará en calidade de servizo e en seguridade.