
A asociación
A Golpe de Pedal convoca unha manifestación ciclista para reclamar o carril bici Vigo-Baiona.
A FAVEC é unha das entidades que apoian esta manifestación, igual que xa se fixera o ano anterior.
Dende aquí facemos un chamamento a toda a cidadanía para que acuda a esta reivindicación tan necesaria para mellorar a nosa mobilidade e o transporte sostible e ecolóxico.
Data: domingo, 7 de marzo.
Hora: 11.00 h
Lugar: fronte o camping de Samil.