Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Servizos Sociais arrow Conmemoración do Día Internacional da Muller

Conmemoración do Día Internacional da Muller

Dende o compromiso histórico da FAVEC coa reivindicación dos dereitos da muller, a nosa entidade está colaborando e participando en todos os actos conmemorativos que se organizan con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o Consello Social da Muller.

Para completar a celebración de todos estes actos, a Vogalía de Igualdade da FAVEC organiza unha obra de teatro na asociación veciñal "Monte da Mina" de Castrelos, O enfermo imaxinario, de Moliere. Será o xoves 12 de marzo ás 19.30 horas.


Participación nos actos organizados pola Concellaría de Igualdade e o Consello Municipal da Muller "DEREITOS DAS MULLERES A REVOLUCIÓN CREACTIVA DIA INTERNACIONAL DA MULLER": na Praza 8 de Marzo desenvolvéronse todo un día de actividades programadas para a participación de toda a cidadanía.

Luns, 8 de marzo, pleno municipal con motivo do Día Internacional da Muller: co gallo do 8 de Marzo, celébrase no salón de plenos do Concello de Vigo unha sesión plenaria específica na que participarán as integrantes do Consello Municipal da Muller. A FAVEC forma parte dende a súa creación deste consello municipal e estivo presente neste pleno.

Luns, 8 de marzo: manifestación do Día Internacional da Muller. Esta manifestación partirá ás 20.00 da praza de Portugal ata a Porta do Sol. A FAVEC fai un chamamento á asistencia da cidadanía a esta importante e necesaria manifestación pola reivindicación dos dereitos da muller.