Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Portada arrow Novas arrow Infraestructuras arrow A FAVEC presenta o Plan de Mobilidade da área metropolitana de Vigo

A FAVEC presenta o Plan de Mobilidade da área metropolitana de Vigo

Este é o compendio de 10 anos de traballo da Federación Eduardo Chao en materia de Mobilidade, a través dos que se ten pulsado as necesidades dos Veciños, sucesivamente nos anos 2000, 2007 e 2009, participado activamente na reforma de 2003, e xerado os informes “Memoria 2000”, “Mesa Redonda do Transporte 2006”, “Informe 2007”, “Plan de Barrios”, e “Resumo de Enquisas 2009”.

A Campaña de Mobilidade “Por unha mobilidade efectiva: En Vigo non pode esperar mais” realizada de Octubro a Decembro de 2009, levou a cabo unha exposición itinerante por 6 Asociacións de Veciños da cidade, 12 encontros veciñais vinculados coas propostas da exposición, e finalmente tres Xornadas de Debate: “A Mobilidade dende as Administracións: Xunta e Concellos”, “a Mobilidade dende os axentes Sociales: Sindicatos, Movementos Ecoloxistas, Movemento Veciñal” e “Mobilidade Metropolitana”.

NA CORUÑA XÁ ESTÁN DE ACORDO


1º. MECÁNICA DO DOCUMENTO:

  • Presentación Power point para divulgación


    • Cadro sinóptico: Unha visión global do problema e súas múltiples relaciós:

    • Descripción da Dinámica Participativa

    • Distribución da Población en Coroas concéntricas; Afección e hábitos de Mobilidade; Informe do Valedor do Cidadán

    • IDEAS FORZA

    • Incapacidade eFraxilidade do actual sistema de transporte Urbán

    • Configuración da nova rede en “Esquema da Margarita”

      • Xénesis de una rede de transporte especializada no Centro:

      • Creación e posibilidades de Nodos intercambiadores

      • Xénesis de una Rede Périférica

    • Incapacidade eFraxilidade do actual sistema de transporte Interurbán

    • Deficiencias das Infraestructuras e sistemas de Información

    • Deficiencias do sistema tarifario

    • Necesidade do Consorcio de Transporte Metropolitano


  • Bibliografia

  • Áreas metropolitanas galegas” coordinado por Xosé Manuel Souto González

  • Niveles de satisfacción de la ciudadanía con su comunidad local. Aplicación al municipio de Vigo y comparación con otras ciudades europeas”. Valedor do cidadá 2009.


  • Documentación FAVEC

    • Memoria Transporte 2000

    • Mesa Mobilidade 2006

    • Plan vecinal 2006/1007

    • Informe FAVEC 2007

    • Enquisas 2009


  • Documento Guia

    • O Cadro sinóptico, lévanos a calquer punto do documento con CTRL+CLIC



2º. ELEMENTOS A DESTACAR:


  • A FORTE PARTICIPACION DOS CIDADÁNS E DAS ASOCIACIÓNS NA XÉNESIS DÉSTE DOCUMENTO A TRAVÉS DOS ANOS


  • A EVIDENCIA DO PROBLEMA SOCIO-ECONÓMICO

O noso estudio Evidencia como por un lado a necesidade da Mobilidade Pública se incrementa, mentres a Oferta se empobrece e se degrada:

    • Os dados da Policía Local informan da circulación de 300.000 vehículos/dia, dosque 140.000 proceden do rural de Vigo e dos Concellos da Periferia.

    • Informe do Valedor do Cidadán e outros Estudios Metropolitanos explican Como os sectores mais xoves da Sociedade se ubican en Cidades Dormitorio da Ärea Metropolitana xerando importantes desprazamentos en sentido contrario na precura de Emprego, saúde, Ensino ou Comercio.

    • A Xunta de Galicia conclúe, que un 17% das Viaxes en Vigo se realizan en Transporte público, mentres que tan só 4% no entorno Metropolitano.

    • Isto acontece no contexto dunha Cidade que reduce os espazos para a Circulación de Vehículos e os Estacionamentos en Superficie , mentres encarece sensiblemente a oferta de Estacionamentos e Concesión

    • Todo elo evidencia a baixa calidade da Oferta que disuade á Demanda e o fracaso dos Modelos de Transporte Público en vigor.


  • O DESGLOSE DO PROBLEMA ESTRUCTURAL

A estrutura actual das Liñas Urbanas, é a responsable de:

    • A Fraxilidade do sistema, que se paraliza frente a calquera evento no Centro.

    • Os retardos que sufre o Servizo ás horas punta de cada día.

    • O Efecto Acordeón, que acumula os vehículos nos tramos mais conxestionados do circuíto

    • A irregularidade das secuencias que provoca o paso das liñas á mesma hora.

    • A baixa Velocidade Comercial, que consume recursos e disuade ós usuarios.

    • Baixas frecuencias na periferia, núcleos de poboación sen servizo, son elementos disuasorios

    • Sistemas precarios de Información dificultan o coñecemento das posibilidades de desplazamento e Transbordo


Pola súa Banda, os Servizos Interurbanos sofren similares problemas:

    • Circulan por Vías conxestionadas, consumindo enormes recursos en atravesar o Centro de Vigo sen rendemento Comercial algún.

    • Coinciden neses circuítos coas Liñas de Transporte Urbano sen prestar un Servizo de reforzo do mesmo.

    • A duración das viaxes, a falta de cobertura en orixen e as frecuencias ofertadas,disuaden un amplo sector de usuarios potenciais


Incentivos dos Usuarios Sistemáticos

    • O servizo Interurbano carece de Subvención de ningún tipo.

    • A subvención do Servizo Urbaño asúmeo por completo o Concello de Vigo, e aplícase a todos os pasaxeiros independentemente da súa procedencia.

    • Ambolos dous carecen de Intermodalidade.

    • Non se aplican Bonificacións ós pagos anuais ou mensuais.

    • As Tarifas Sociais deberían ser melloradas en todos os segmentos


Carencia de infraestructuras Viales recollidas no PXOM

  • Estacionamentos disuasorios en Vigo e nos Concellos periféricos

  • Avenida de Ronda

  • Acceso á VG-20 en Teis

  • Tunel da Guia


  • AS PROPOSTAS DO MOVEMENTO VECIÑAL

  • MOVEMENTO VECIÑAL DETECTA QUE:

E necesario incentivar a Demanda que xustifique maiores inversións para mellora da Oferta.

E necesario mellorar a oferta para incentivar a Demanda.

O Contrato de Vitrasa limita o número de vehículos en servizo e os Km recorridos permitindo só actuacións moi limitadas na mellora do Servizo.

O Concello carece de recursos para financiar a mellora, mentres que en solitario se empeña na subvención de todos os usuarios, residentes ou non na Cidade de Vigo.


  • A MOVEMENTO VECIÑAL PROPÓN:


1. Revisión do modelo de transporte urbán, limitando as liñas transversais que cruzan polo centro da cidade, segregando as liñas que atravesan a cidade, promovendo o trasbordo, creación de liñas circulares centro e lanzadeiras con cabeceira nos intercambiadores, creación de liñas de parroquia que interconecten esta e dean acceso ás liñas principais


2. Optimización e coordinacións dos recursos Urbanos e Metropolitanos, mellorando os trazados, a frecuencia, a velocidade comercial e o intercambio de pasaxeiros. Servindo cada segmento de complemento do outro


3. Creación de Centros Intercambiadores nas Cidades e Aparcamentos Disuasorios na periferia, así como Mellora dos Sistemas de Información para incentivar o uso do transporte colectivo a nivel Urbano e Metropolitano


4. Implantación do Consorcio de Transportes Metropolitano para armonizar os intereses de todas as Concesionarias.


5. Potenciación do Transporte de Ría e o Ferroviario de Proximidade.


6. Potenciación da Mobilidade Alternativa, particularmente nos trazados que manteñan a mesma cota (beira do mar, etc)


7. Sinatura do Convenio coa Xunta de Galicia para implantación do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, e aplicación das subvencións Autonómicas na mellora da Rede de Transporte Público.

o Tarifas subvencionadas en todos os segmentos

o Bonificacións de Pasaxeiros Sistemáticos

o Intermodalidade e Transbordos ilimitados


8. Realización dunha campaña de promoción do transporte colectivo para toda a poboación, así como mellorar os mecanismos de información existentes e a denominación das liñas.


9. Construcción das Infraestructuras contempladas no Plan Xeral:

    • Circunvalación de Ronda

    • Acceso á VG-20 en Teis, pra desconxestión de Av Galicia e Bs. Aires

    • Tunel da Guia, para desconxestión de Sanjurjo Badía e Garcia Barbón

    • construcción de Aparcamentos Disuasorios, incluindo o de Guixar

    • Accesos eficientes á estación de RENFE dende Via Norte e Areal