Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Plan de Acción Veciñal

O Plan de Acción Veciñal é a plasmación do esforzo conxunto do Movemento Veciñal de Vigo para documentar e achegar á administración local o conxunto de deficiencias e necesidades urxentes da cidade. Image

Constitúe un plan de apoio ás asociacións en resposta ás necesidades básicas que na actualidade seguen sen cubrir nos barrios e parroquias da nosa cidade. A finalidade é documentar ao máximo as solicitudes ao Concello con propostas concretas de actuación en cada barrio e parroquia para poder orientar uns orzamentos municipais que, ano tras ano, deixan sen cubrir moitas das necesidades fundamentais dos barrios e parroquias de Vigo.

O Programa de Acción Veciñal articúlase en base a tres tipos de intervencións:

  1. ImageVisita aos barrios e parroquias e recollida documental das deficiencias: fotografías, informe detallado da situación por áreas de actuación (infraestruturas en xeral, transporte, saneamento e abastecemento, vías e obras, limpeza...)
  2. Elaboración e presentación por rexistro do informe no Concello e comunicados aos medios
  3. Seguimento das actuacións e melloras percibidas ou, no caso contrario, denuncia da falla de resposta por parte da administración local

O resultado final foi un completo informe que recolle de forma documentada, con 500 fotografías, máis de 1.000 deficiencias e demandas en 33 barrios e parroquias da cidade. O documento foi entregado por rexistro no Concello de Vigo o 16 de febreiro de 2006.

En xaneiro de 2007 o goberno local aínda non deu resposta a este informe de necesidades urxentes da cidade e tan só recolleu tímidamente algunhas das demandas nos seus orzamentos de 2006. O Movemento Veciñal de Vigo mantén vivas as súas demandas e abertas vías de diálogo e colaboración cos diferentes grupos municipais para que este informe sexa levado e aprobado de forma íntegra en pleno municipal e tal e como foi concevido: como un traballo serio e rigoroso que recolle as necesidades básicas e urxentes dos barrios e parroquias da cidade de Vigo.

Obxectivos

  • Planificar un plan de acción nos barrios e parroquias.
  • Coñecer polo miúdo as deficiencias de cada barrio ou parroquia.
  • Mellorar as infraestruturas dos barrios e parroquias.
  • Garantir a execución de obras de mellora.
  • Esixir o mantemento integral de cada barrio e parroquia en función das súas necesidades reais.
  • Exercer de grupo de presión ante o Concello de Vigo.