Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

S. Coop. Galega Veciñal de Vivendas Eduardo Chao III

ImageNo ano 2001 constitúese a cooperativa “Eduardo Chao III”, unha entidade autofinanciada polos propios cooperativistas e sen máis ánimo que o de adquirir unha vivenda digna a un prezo asequible. A súa finalidade é a de optar ao concurso para adquirir dúas parcelas indivisibles en Navia, nas que construir 192 vivendas que faciliten o acceso da veciñanza a este dereito básico.

ImageTras case de 6 anos de espera, o pasado mes de outubro de 2006 saíron a concurso as parcelas, resultando esta Sociedade Cooperativa Galega Veciñal de Vivendas “Eduardo Chao III” adxudicataria das mesmas. Foron aspectos clave para gañar o concurso e os que maior puntuación obtiveron:

  • A calidade do proxecto arquitectónico.
  • O sistema de sostenibilidade medioambiental.
  • O equilibrio na relación calidade – prezo.
  • O proxecto social (2 pisos de convivencia para persoas maiores).
  • O equipo humano que fai que a xestión sexa eficiente e eficaz.

ImageNeste momento a cooperativa está pechada, e non hai posibilidade de inscribirse na lista de espera porque xa está completa.

Non é esta a única experiencia de cooperativa impulsada pola FAVEC senón que xa nos avalan 3 cooperativas de vivendas, construídas e habitadas (Avda. de Madrid, Travesía de Vigo, Praza da Miñoca).

Vantaxes e requisitos

Son estas algunhas das vantaxes das que se beneficia unha cooperativa de vivendas:

  • Vantaxes fiscais.
  • Somos os promotores da nosa construcción, polo que se aforran moitos cartos nesa xestión.
  • Estamos acollidos o réximen de Protección Oficial da Xunta de Galicia.

Proxecto social

O proxecto social a desenvolver en Navia vai moito máis aló da materialización deste dereito a unha vivenda digna, para atender tamén ao principio de solidariedade, unha solidariedade co sector social máis endeble e que máis coidados e atencións precisa: os maiores e que se plasma nun proxecto con nome propio: “Vive e Convive: fogares para a convivencia”.

Fronte ao modelo de pisos tutelados, “Vive e Convive” atende á dimensión humana: a convivencia, como garante dunha maior calidade de vida e factor clave para o desenvolvemento integral como persoa.

Un barrio de recente creación cun perfil de xente xove que garante a convivencia entre xeracións, configuran o escenario perfecto para que os maiores gocen dos servizos e comodidades dunha urbanización moderna e de múltiples actividades de dinamización da convivencia.

Este proxecto social leva parella a creación dunha empresa satélite de servizos, que ademáis de prestar atención nos pisos de convivencia, terán a posibilidade de ampliar o seu ámbito de actuación en toda a nacente urbanización.

Conceptos e traxectoria

É unha cooperativa unha sociedade “autoxestionada”, onde son os cooperativistas, a través dos seus órganos sociais, quen toman as decisións que afectan de modo máis transcendente á procura do seu obxecto social. Son os propios cooperativistas quenes asisten ás reunións (persoalmente ou por medio de representante) con terceiros partícipes na promoción como entidades bancarias, administracións, constructora, asesores fiscais, xurídicos…; aproban o anteproxecto do arquitecto, o contrato coa constructora, os materiais e calidades da edificación; dan o seu visto bo ó proxecto básico do arquitecto… en definitiva o cooperativista actúa na súa sociedade como un autopromotor que rexe a súa participación polo canle procedimental establecido na Lei 5/1998.

Unha cooperativa funciona como unha asociación na que existe un organismo rector (presidente-a, vicepresidente-a, secretario-a, tesoureiro-a, vogais...) e unha cantidade de cooperativistas que aumentan ou diminúe dependendo das altas ou baixas. Esta cooperativa recolle todas as súas normas e obxectivos e sexa cal sexa a súa directiva deberán rexerse polo establecido nos estatutos.

A complexidade dunha promoción inmobiliaria de semellante entidade fai necesario que á cooperativa se apoie nun elenco de profesionais e asesores con experiencias en promocións similares, encargados de asesorala na xestión dos diversos aspectos que inciden nunha promoción de vivendas, asemade con a intervención de este grupo de asesores se tenta evitar na medida do posible ós socios e socias problemas tanto a nivel interno como externo, e que de xeito típico danse en toda cooperativa de vivendas.

A Cooperativa "Eduardo Chao III" está no réxime de Protección Oficial, isto supón que desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo (I.G.V.S.) vén dada a taxa dos prezos e dos metros construídos. A finalidade deste tipo de protección é evitar a especulación, polo que non se poderá vender nin alugar a vivenda nun tempo determinado, que estará establecido nos estatutos da Cooperativa.