Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Eduardo Chao Promotora Vivenda Protexida SLU

Image

Venda de Locais Comerciais

Se estás interesad@ en adquirir algún dos locais comerciais dispoñibles pincha aquí para obter mais información.

Image

Descargas

Image

Fiel aos obxectivos de xustiza social e coa firme vontade de facilitar á cidadanía unha vivenda digna a prezo asequible, a FAVEC acomete a construción de 100 vivendas de proteción autonómica nunha parcela onde antigüamente se levantaban os cuarteis de Barreiro.

ImageEste proceso comeza coa constitución da promotora “Eduardo Chao Promoción Vivenda Protexida S.L.U”, que ven caracterizado por unha dinámica participativa, na que toman parte as 33 asociacións veciñais federadas distribuídas polos diferentes barrios e parroquias da cidade, que representan a máis de 30.000 familias de Vigo e traballan desde a base coñecendo as necesidades reais da poboación.

Resulta o partenariado unha das características fundamentais do proxecto. A simple vista aparece o movemento veciñal de Vigo como promotor do proxecto, pero hai socios que é imprescindible ter en conta para entender ata que punto esta iniciativa ten un fondo calado social.

Por unha banda o Concello de Vigo, administración pública outorga en réxime de venda, tras un procedemento de concurso, a parcela de titularidade municipal a “Eduardo Chao Promoción de Vivenda Protexida S.L.U.”, situada na histórica parroquia de Lavadores e integrada nun plan de actuación urbanístico definido e cun proxecto arquitectónico pechado que conta con amplos espazos abertos.

Por outra banda, o apoio financeiro dunha entidade privada autonómica que é Caixa Galicia, apoio que facilita aos adxudicatarios os trámites financeiro – económicos precisos. E, en último lugar, o Instituto Galego de Vivenda e Solo que participa no proceso cualificando estas vivendas como vivendas de protección autonómica.

É por tanto este proxecto para achegar vivenda a 100 familias unha actuación na que a colaboración entre organismos públicos e privados reflicte o esforzo da FAVEC por consolidar as redes sociais como canais válidos para optimizar os recursos existentes.

ImageAs vivendas de Barreiro crearán un novo espazo para a convivencia na parroquia, xa que preto do 50% dos adxudicatarios son nativos desa zona, favorecendo o fortalecemento da comunidade. Os amplos espazos verdes e zonas axardinadas nas que se enmarca a construción, de seguro facilitará o encontro e as relacións sociais. Non remata este proxecto na entrega de chaves das vivendas, senón que quedan abertas as portas a novas e múltiples iniciativas sociais e dinamizadoras, nos que o movemento veciñal quere participar activamente desde a transparencia, a calidade e o compromiso respectuoso coa nosa contorna.

Procedementos ata a actualidade


O pasado abril de 2006, remataba o prazo para a recollida e entrega das solicitudes para optar a unha destas 100 vivendas. Tras meses de intenso traballo informativo de cara á veciñanza, centos de persoas informadas, centos de chamadas recibidas, 289 persoas que cursaron formalmente a súa petición de vivenda en Barreiro.

As solicitudes foron trasladadas á Comisión de Valoración encargada de comprobar que cumpren estas as normas do proceso e se axustan aos marcos legais en materia de vivenda. Valoradas e puntuadas as solicitudes conforme aos baremos establecidos nas bases. Coas 100 solicitudes de maior puntuación elaborouse un listado provisional de adxudicatarios e máis tarde o definitivo.

Na actualidade o proceso para acceder a estas vivendas está xa pechado e os adxudicatarios seleccionados. As vivendas foron declaradas de Protección Autonómica pola Xunta de Galicia. É Construcciones Conde a contructora seleccionada para acometer as obras e xa está traballando sobre o terreo.

Recentemente os adxudicatarios teñen escollido a súa vivenda de acordo co establecido nas normas previas de selección aprobadas polo Concello de Vigo.